miércoles, 26 de marzo de 2014
Por fin, despois dun inverno asolagado, entramos na primaveira, estación na que se ve como as bicis comezan a florecer por toda a cidade do Lerez.
E coma tódolos meses a Masa Crítica Pontevedra volta a sair á rúa para para desfrutar xunt@s do pracer de circular nos nosos vehículos, as bicicletas. Uns vehículos silenciosos, respetuosos co medio ambiente, que non causan caravanas e que levan o sorriso ó teu rostro e a saúde ó teu corazón.
Xuntarémonos, coma sempre, ás 20:00 horas de este Xoves 27 de Marzo na Peregrina, e dende alí faremos un percorrido urbano polas rúas da cidade.
Xa sabedes: "Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes"
Unha aperta a tod@s.
lunes, 27 de enero de 2014
Ola a tod@s, de novo se achega o último xoves do mes, neste caso o
30 de xaneiro, e coma sempre nos voltaremos a xuntar ás
20:00 na praza da Peregrina para dar unha voltiña pola cidade de Pontevedra.
Para sumarse a esta iniciativa tan só fai falla unha bicicleta e ganas de pasalo ben en compaña, iso si, non nos responsabilizamos da asistencia de ciclistas con branquias dadas as condicións climáticas que nos rodean.
Pero para aqueles que desexen máis actividades entorno á bici, recordamos que no
centro comercial Arousa (en Vilagarcía) está a ter lugar unha exposición de bicicletas antigas, e que neste eido o noso maseiro habitual
Quique Perez dará unha charla sobre
mecánica básica da bicicleta este
sábado 1 de Febreiro ás
19:00.
Por outra banda, o
Martes 4 ás 20:00 terá lugar en
A repelente María ( na rúa Barón
) unha charla/coloquio sobre
mobilidade sostible, charla que se engloba dentro dun ciclo de encontros que estan a versar sobre modelos alternativos ós que nos ofrece o sistema actual, e nas que se está a falar de outros modelos bancarios, enerxéticos, sociais, etc.
Unha aperta.
martes, 24 de diciembre de 2013
Ola a tod@s, unha vez máis este xoves 26 voltaremos a xuntarnos ás 20:00 na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas de Pontevedra.
Así que xa sabedes se queredes dar unha voltiña en boa compaña baixo as luces do nadal achegádevos á Masa Critica.
Un saudo a tod@s e moi boas festas!!!.
Outro mes máis nos voltamos a xuntar para dar un paseo polas rúas de Pontevedra. Xa sabedes, se queredes pasar un bo rato pedalando en boa compañía polas rúas da cidade achegádevos este xoves 28 ás 20:00 á praza da peregrina e recordade que non contamina nin gasta gasolina. Iso sí abrigádevos ben, xa que o inverno xa comeza a facer das súas antes de chegar.
Xa sabedes coidade o futuro e desfrutade do presente dende a vosa bicicleta.
Un saúdo a tod@s.