viernes, 8 de noviembre de 2013 Tags: , 0 comentarios

NON MÁIS CICLISTAS MORTOS NAS ESTRADAS. NON MÁIS BÁGOAS



A Federación Galega de Triatlón (FEGATRI http://fegatri.org/category/prensa/ ) organiza este domingo 10 de Novembro concentracións en numerosas cidades galegas co gallo de acadar un maior respeto os ciclistas.
En Pontevedra será ás 12 da mañá diante do concello.
Dende a Masa Crítica de Pontevedra agradecemos e apoiamos totalmente un acto que deixa claro que os intereses dos deportistas de élite da FEGATRI, dos deportistas amateur e afeccionado e, en conxunto de tódolos que usamos a bicicleta son os mesmos.
Non faltedes a unha convocatoria que busca un maior respeto para todos aqueles que por un motivo ou outro usamos a bicicleta.

Este é o comunicado oficial da FEGATRI:


     " NON MÁIS CICLISTAS MORTOS NAS ESTRADAS!!!

Cada día son máis as persoas que se desprazan en bicicleta, uns co fin de
actividade física e ás veces competitiva e outras persoas só por ser un
medio máis de transporte.
En calquera dos casos, a seguridade da que se dispón é pouca e o perigo
inminente por non respeitar, na meirande parte dos casos, as distancias que
hai que manter cos ciclistas.
Queremos sensibilizar ós condutores da necesidade imperiosa de respetalas
distancias para que non haxa accidentes, case sempre mortais pola
fraxilidade do ciclista respeito dos coches.
Nin que dicir ten, que os pais e nais cada día poñen máis reparos para que
os seus fillos/as, saian á estrada a adestrar ou simplemente, a andar.
Loxicamente este perigo, vívese con maior temor nas cidades ou vilas
grandes por ser habitualmente as súas estradas as máis transitadas.
O perigo é evidente que se pode dar en calquera parte (moi ou pouco
transitada), pois a gravidade é realmente o non respeitar.
Queremos colaborar para que non haxa máis bágoas por esas imprudencias
que case sempre rematan en traxedias.
Cumpramos todos/as coas normas e así evitaremos os accidentes.
Respetemos as distancias!!!
Non máis ciclistas mortos nas estradas!!!"


Un saúdo a tod@s.

miércoles, 30 de octubre de 2013 0 comentarios

XXIX Masa Crítica. Novo horario.

Un mes máis, e xa van 29, @s ciclousuari@s de Pontevedra voltaremos a xuntarnos para dar un paseo en grupo polas rúas da nosa cidade.
 Coma sempre xuntarémonos na praza da Peregrina, mais debido ó cambio de hora e ás temperaturas propias da época do ano nas que entramos, adiantamos unha hora a saída, sendo dende agora ata a mediados da primavera ás 20:00.
 Así que xa sabedes, se queredes dar unha voltiña en bicicleta polas rúas de Pontevedra en boa compañía e de paso reivindicar a bici coma o medio de transporte alternativo e sostible que é, só tendes que achegarvos pola Peregrina o Xoves 31 ás 20:00.

                                                              Un saúdo a tod@s.

martes, 24 de septiembre de 2013 0 comentarios

28 Masa Crítica


Este xoves 26 voltaremos a dar unha volta polas rúas de Pontevedra.
Celebraremos a chegada do outono reivindicando o lugar das bicicletas na calzada e coma sempre pasaremos un agradable rato circulando en grupo polas rúas da cidade do Lerez.
Animádevos a pedalar en boa compañía, e xa sabedes, ¡¡non contamina nin gasta gasolina!!.





Sairemos coma sempre ás 21 horas da praza da Peregrina.
Un saúdo a tod@s.

viernes, 21 de junio de 2013 0 comentarios

2º Aniversario Masa Crítica Pontevedra

Ola a tod@s.

Abrimos este post co orgullo de poder dicir que a Masa de Pontevedra xa vai celebrar a súa saida número 24 polas rúas da cidade do Lérez, ou o que é o mesmo, que cumprimos dous anos xuntándonos para reivindicar que o medio de transporte máis sostible e saudable sexa respetado polos outr@s usuari@s da vía.

Dous anos pedalando xunt@s, dende o 30 de Xuño do 2011 (aquí deixo a primeira entrada do blogue, no que se explica en que consiste a Masa adornado con fotos desa primeira saída. http://masacriticapontevedra.blogspot.com.es/2011/07/por-que-la-masa-critica.html )

Dous anos contaxiandonos da ledicia de usar a bici tódolos días ou, polo menos, tódolos que se pode.

Dous anos nos que moitos de nós nos temos coñecido e temos compartido inquedanzas e, por qué non, tamén moitos sorrisos.

Nestes dous anos a masa oscilou en número cada mes, pero sempre se mantivo activa (bueno excepto en Abril do 2013 que caia auga a mares, ou en Marzo do mesmo ano, que fomos catro pola mesma razón) e nunca deixamos, grazas á presenza de tódolos que algunha vez asististes, de exercer a forza e a presión social que nos permiten ser considerados como o movemento de ciclousuari@s que somos e, como tal, acadar algo de presenza nas decisións que se toman a nivel local no eido da mobilidade ciclista.

Pero tamén nestes dous anos padecemos malas novas, como a morte no noso concello do ciclista Cristóbal Hermida e a de máis dun cento de persoas no estado, persoas que circulaban na súa bicicleta cando os sorprendeu a imprudenza dun conductor que lles segou a vida.


Dous anos esperando por unha reforma do código de circulación que favorecese máis ó ciclista, achegándonos máis ás normativas dos paises europeos, e, sobre todo, agardando que se fixesen campañas de formación e concienciación orientadas a tódol@s usuari@s da vía. Finalmente, todo parece indicar que a dirección é a contraria, xa que o novo borrador do código de circulación só di iso no preámbulo, mentres que no seu articulado, non aparece nin un só artigo que mellore a presenza e a seguridade d@s ciclistas na calzada, se non que incluso perxudica a este medio de transporte, con medidas como a obrigatoriedade de circular pola dereita nas cidades (e non polo medio do carril, que é o máis seguro), ou a polémica obrigatoriedade do uso do casco no ámbito urbán.

Pero fronte a estas noticias, a masa seguirá a sair o último Xoves de cada mes para gozar dun rato de ledicia pedalando en grupo por Pontevedra, dicindo iso de.  "Non contamina nin gasta gasolina" ou "coido o meu planeta indo en bicicleta" e sobre todo amosando, con respeto, que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".

E cómo xa quedou claro, este Xoves 27 (que é o último de Xuño voltamos a pedalar polas rúas de Pontevedra, así que xa sabedes, achehádevos á peregrina estaremos alí dende ás 19:30 e haberá non unha, se non dúas pedaladas.


 Este é o programa:
  -19:30. Visítanos na praza da Peregrina, ven compartir con nós o aniversario.
  -21:00. Masa Crítica. Súmate a dar un paseo coxunto polas calzadas da nosa cidade.
  -22:00 Ruta nocturna organizada polo concello e explicación por parte da policía local da normativa de alumeado nocturno obrigatorio.

Un saúdo a tod@s,¡¡vémonos na bici!!.