Un mes máis, e xa van 29, @s ciclousuari@s de Pontevedra voltaremos a xuntarnos para dar un paseo en grupo polas rúas da nosa cidade.
Coma sempre xuntarémonos na praza da Peregrina, mais debido ó cambio de hora e ás temperaturas propias da época do ano nas que entramos, adiantamos unha hora a saída, sendo dende agora ata a mediados da primavera ás 20:00.
Así que xa sabedes, se queredes dar unha voltiña en bicicleta polas rúas de Pontevedra en boa compañía e de paso reivindicar a bici coma o medio de transporte alternativo e sostible que é, só tendes que achegarvos pola Peregrina o Xoves 31 ás 20:00.
Un saúdo a tod@s.
Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
-
►
2016
(48)
- ► septiembre (6)
-
►
2015
(17)
- ► septiembre (1)
-
►
2014
(14)
- ► septiembre (1)
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (1)
Etiquetas
pontevedra
(10)
masas
(9)
ciclismo urbano
(6)
masa critica
(5)
cicloactivismo
(4)
mesa pola bici
(4)
mobilidade
(4)
bicis
(2)
ciclistas
(2)
día da bicicleta
(2)
masa critica galega
(2)
pedalada
(2)
somos trafico
(1)
Con la tecnología de Blogger.
| Este xoves 26 voltaremos a dar unha volta polas rúas de Pontevedra. Celebraremos a chegada do outono reivindicando o lugar das bicicletas na calzada e coma sempre pasaremos un agradable rato circulando en grupo polas rúas da cidade do Lerez. Animádevos a pedalar en boa compañía, e xa sabedes, ¡¡non contamina nin gasta gasolina!!. Sairemos coma sempre ás 21 horas da praza da Peregrina. Un saúdo a tod@s. |
Ola a tod@s.
Abrimos este post co orgullo de poder dicir que a Masa de Pontevedra xa vai celebrar a súa saida número 24 polas rúas da cidade do Lérez, ou o que é o mesmo, que cumprimos dous anos xuntándonos para reivindicar que o medio de transporte máis sostible e saudable sexa respetado polos outr@s usuari@s da vía.
Dous anos pedalando xunt@s, dende o 30 de Xuño do 2011 (aquí deixo a primeira entrada do blogue, no que se explica en que consiste a Masa adornado con fotos desa primeira saída. http://masacriticapontevedra.blogspot.com.es/2011/07/por-que-la-masa-critica.html )
Dous anos contaxiandonos da ledicia de usar a bici tódolos días ou, polo menos, tódolos que se pode.
Dous anos nos que moitos de nós nos temos coñecido e temos compartido inquedanzas e, por qué non, tamén moitos sorrisos.
Nestes dous anos a masa oscilou en número cada mes, pero sempre se mantivo activa (bueno excepto en Abril do 2013 que caia auga a mares, ou en Marzo do mesmo ano, que fomos catro pola mesma razón) e nunca deixamos, grazas á presenza de tódolos que algunha vez asististes, de exercer a forza e a presión social que nos permiten ser considerados como o movemento de ciclousuari@s que somos e, como tal, acadar algo de presenza nas decisións que se toman a nivel local no eido da mobilidade ciclista.
Pero tamén nestes dous anos padecemos malas novas, como a morte no noso concello do ciclista Cristóbal Hermida e a de máis dun cento de persoas no estado, persoas que circulaban na súa bicicleta cando os sorprendeu a imprudenza dun conductor que lles segou a vida.
Dous anos esperando por unha reforma do código de circulación que favorecese máis ó ciclista, achegándonos máis ás normativas dos paises europeos, e, sobre todo, agardando que se fixesen campañas de formación e concienciación orientadas a tódol@s usuari@s da vía. Finalmente, todo parece indicar que a dirección é a contraria, xa que o novo borrador do código de circulación só di iso no preámbulo, mentres que no seu articulado, non aparece nin un só artigo que mellore a presenza e a seguridade d@s ciclistas na calzada, se non que incluso perxudica a este medio de transporte, con medidas como a obrigatoriedade de circular pola dereita nas cidades (e non polo medio do carril, que é o máis seguro), ou a polémica obrigatoriedade do uso do casco no ámbito urbán.
Pero fronte a estas noticias, a masa seguirá a sair o último Xoves de cada mes para gozar dun rato de ledicia pedalando en grupo por Pontevedra, dicindo iso de. "Non contamina nin gasta gasolina" ou "coido o meu planeta indo en bicicleta" e sobre todo amosando, con respeto, que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".
E cómo xa quedou claro, este Xoves 27 (que é o último de Xuño voltamos a pedalar polas rúas de Pontevedra, así que xa sabedes, achehádevos á peregrina estaremos alí dende ás 19:30 e haberá non unha, se non dúas pedaladas.
Este é o programa:
-19:30. Visítanos na praza da Peregrina, ven compartir con nós o aniversario.
-21:00. Masa Crítica. Súmate a dar un paseo coxunto polas calzadas da nosa cidade.
-22:00 Ruta nocturna organizada polo concello e explicación por parte da policía local da normativa de alumeado nocturno obrigatorio.
Un saúdo a tod@s,¡¡vémonos na bici!!.
Abrimos este post co orgullo de poder dicir que a Masa de Pontevedra xa vai celebrar a súa saida número 24 polas rúas da cidade do Lérez, ou o que é o mesmo, que cumprimos dous anos xuntándonos para reivindicar que o medio de transporte máis sostible e saudable sexa respetado polos outr@s usuari@s da vía.
Dous anos pedalando xunt@s, dende o 30 de Xuño do 2011 (aquí deixo a primeira entrada do blogue, no que se explica en que consiste a Masa adornado con fotos desa primeira saída. http://masacriticapontevedra.blogspot.com.es/2011/07/por-que-la-masa-critica.html )
Dous anos contaxiandonos da ledicia de usar a bici tódolos días ou, polo menos, tódolos que se pode.Dous anos nos que moitos de nós nos temos coñecido e temos compartido inquedanzas e, por qué non, tamén moitos sorrisos.
Nestes dous anos a masa oscilou en número cada mes, pero sempre se mantivo activa (bueno excepto en Abril do 2013 que caia auga a mares, ou en Marzo do mesmo ano, que fomos catro pola mesma razón) e nunca deixamos, grazas á presenza de tódolos que algunha vez asististes, de exercer a forza e a presión social que nos permiten ser considerados como o movemento de ciclousuari@s que somos e, como tal, acadar algo de presenza nas decisións que se toman a nivel local no eido da mobilidade ciclista.
Pero tamén nestes dous anos padecemos malas novas, como a morte no noso concello do ciclista Cristóbal Hermida e a de máis dun cento de persoas no estado, persoas que circulaban na súa bicicleta cando os sorprendeu a imprudenza dun conductor que lles segou a vida.
Dous anos esperando por unha reforma do código de circulación que favorecese máis ó ciclista, achegándonos máis ás normativas dos paises europeos, e, sobre todo, agardando que se fixesen campañas de formación e concienciación orientadas a tódol@s usuari@s da vía. Finalmente, todo parece indicar que a dirección é a contraria, xa que o novo borrador do código de circulación só di iso no preámbulo, mentres que no seu articulado, non aparece nin un só artigo que mellore a presenza e a seguridade d@s ciclistas na calzada, se non que incluso perxudica a este medio de transporte, con medidas como a obrigatoriedade de circular pola dereita nas cidades (e non polo medio do carril, que é o máis seguro), ou a polémica obrigatoriedade do uso do casco no ámbito urbán.
Pero fronte a estas noticias, a masa seguirá a sair o último Xoves de cada mes para gozar dun rato de ledicia pedalando en grupo por Pontevedra, dicindo iso de. "Non contamina nin gasta gasolina" ou "coido o meu planeta indo en bicicleta" e sobre todo amosando, con respeto, que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".
E cómo xa quedou claro, este Xoves 27 (que é o último de Xuño voltamos a pedalar polas rúas de Pontevedra, así que xa sabedes, achehádevos á peregrina estaremos alí dende ás 19:30 e haberá non unha, se non dúas pedaladas.
Este é o programa:
-19:30. Visítanos na praza da Peregrina, ven compartir con nós o aniversario.
-21:00. Masa Crítica. Súmate a dar un paseo coxunto polas calzadas da nosa cidade.
-22:00 Ruta nocturna organizada polo concello e explicación por parte da policía local da normativa de alumeado nocturno obrigatorio.
Un saúdo a tod@s,¡¡vémonos na bici!!.
Hoxe comeza "Recicletas" na Casa Azul, un programa que pon en marcha a concellería de benestar social do concello de Pontevedra.
En Masa Crítica valoramos moi positivamente esta iniciativa, xa que son moitas as persoas que usan a bici na nosa cidade, pero unha parte importante das mesmas non sabe efectuar as reparacións máis básicas ou a posta a punto dunha bicicleta que leve tempo parada.
O curso prolongarase ata o 17 de Xullo e se queredes máis información podedes chamar de 9:00 a 14:00 ó teléfono 986 851 489.
http://www.pontevedra.eu/actualizate/primeira-edicion-de-recicletas-reparacion-caseira-de-bicicletas
Por outra banda recordámosvos que mañá Xoves 13 nos xuntaremos no bar A Lareira (calle Princesa) para organizar o segundo aniversario da Masa Crítica de Pontevedra. Se tedes algunha suxestión, algunha idea, queredes colaborar ou simplemente coñecernos e comentar algunha cousa sobre o uso das bicicletas na nosa cidade, non o dubidedes, achegádevos a partir das 20:00.
Un saúdo, e non deixedes de pedalear.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



.jpg)

