martes, 24 de septiembre de 2013
Este xoves 26 voltaremos a dar unha volta polas rúas de Pontevedra. Celebraremos a chegada do outono reivindicando o lugar das bicicletas na calzada e coma sempre pasaremos un agradable rato circulando en grupo polas rúas da cidade do Lerez. Animádevos a pedalar en boa compañía, e xa sabedes, ¡¡non contamina nin gasta gasolina!!.
Sairemos coma sempre ás 21 horas da praza da Peregrina.
Un saúdo a tod@s.
|
viernes, 21 de junio de 2013
Ola a tod@s.
Abrimos este post co orgullo de poder dicir que a Masa de Pontevedra xa vai celebrar a súa saida número 24 polas rúas da cidade do Lérez, ou o que é o mesmo, que cumprimos dous anos xuntándonos para reivindicar que o medio de transporte máis sostible e saudable sexa respetado polos outr@s usuari@s da vía.
Dous anos pedalando xunt@s, dende o 30 de Xuño do 2011 (aquí deixo a primeira entrada do blogue, no que se explica en que consiste a Masa adornado con fotos desa primeira saída.
http://masacriticapontevedra.blogspot.com.es/2011/07/por-que-la-masa-critica.html )

Dous anos contaxiandonos da ledicia de usar a bici tódolos días ou, polo menos, tódolos que se pode.
Dous anos nos que moitos de nós nos temos coñecido e temos compartido inquedanzas e, por qué non, tamén moitos sorrisos.
Nestes dous anos a masa oscilou en número cada mes, pero sempre se mantivo activa (bueno excepto en Abril do 2013 que caia auga a mares, ou en Marzo do mesmo ano, que fomos catro pola mesma razón) e nunca deixamos, grazas á presenza de tódolos que algunha vez asististes, de exercer a forza e a presión social que nos permiten ser considerados como o movemento de ciclousuari@s que somos e, como tal, acadar algo de presenza nas decisións que se toman a nivel local no eido da mobilidade ciclista.
Pero tamén nestes dous anos padecemos malas novas, como a morte no noso concello do ciclista Cristóbal Hermida e a de máis dun cento de persoas no estado, persoas que circulaban na súa bicicleta cando os sorprendeu a imprudenza dun conductor que lles segou a vida.
.jpg)
Dous anos esperando por unha reforma do código de circulación que favorecese máis ó ciclista, achegándonos máis ás normativas dos paises europeos, e, sobre todo, agardando que se fixesen campañas de formación e concienciación orientadas a tódol@s usuari@s da vía. Finalmente, todo parece indicar que a dirección é a contraria, xa que o novo borrador do código de circulación só di iso no preámbulo, mentres que no seu articulado, non aparece nin un só artigo que mellore a presenza e a seguridade d@s ciclistas na calzada, se non que incluso perxudica a este medio de transporte, con medidas como a obrigatoriedade de circular pola dereita nas cidades (e non polo medio do carril, que é o máis seguro), ou a polémica obrigatoriedade do uso do casco no ámbito urbán.
Pero fronte a estas noticias, a masa seguirá a sair o último Xoves de cada mes para gozar dun rato de ledicia pedalando en grupo por Pontevedra, dicindo iso de. "Non contamina nin gasta gasolina" ou "coido o meu planeta indo en bicicleta" e sobre todo amosando, con respeto, que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".
E cómo xa quedou claro, este Xoves 27 (que é o último de Xuño voltamos a pedalar polas rúas de Pontevedra, así que xa sabedes, achehádevos á peregrina estaremos alí dende ás 19:30 e haberá non unha, se non dúas pedaladas.
Este é o programa:
-19:30. Visítanos na praza da Peregrina, ven compartir con nós o aniversario.
-21:00. Masa Crítica. Súmate a dar un paseo coxunto polas calzadas da nosa cidade.
-22:00 Ruta nocturna organizada polo concello e explicación por parte da policía local da normativa de alumeado nocturno obrigatorio.
Un saúdo a tod@s,¡¡vémonos na bici!!.
Hoxe comeza "Recicletas" na Casa Azul, un programa que pon en marcha a concellería de benestar social do concello de Pontevedra.
En Masa Crítica valoramos moi positivamente esta iniciativa, xa que son moitas as persoas que usan a bici na nosa cidade, pero unha parte importante das mesmas non sabe efectuar as reparacións máis básicas ou a posta a punto dunha bicicleta que leve tempo parada.
O curso prolongarase ata o 17 de Xullo e se queredes máis información podedes chamar de 9:00 a 14:00 ó teléfono 986 851 489.
Por outra banda recordámosvos que mañá Xoves 13 nos xuntaremos no bar A Lareira (calle Princesa) para organizar o segundo aniversario da Masa Crítica de Pontevedra. Se tedes algunha suxestión, algunha idea, queredes colaborar ou simplemente coñecernos e comentar algunha cousa sobre o uso das bicicletas na nosa cidade, non o dubidedes, achegádevos a partir das 20:00.
Un saúdo, e non deixedes de pedalear.
lunes, 10 de junio de 2013
Achégase o segundo aniversario da Masa Crítica da cidade de Pontevedra (será o Xoves 21 de Xuño).
Con esta escusa animámosvos a achegarvos á reunión preparatoria que terá lugar o día 13 no bar A Lareira (calle Princesa) a partires das 20:00.
Non o dubides, se tes algunha idea sobre como animar a Masa, ou simplemente queres aportar a túa colaboración e ideas a un movemento que aboga pola bicicleta como medio de transporte ecolóxico, sostible, saudable,familiar e eficiente, asiste e colabora con nós.A túa axuda e opinións son moi importantes..
Un saudo a tod@s, e non vos esquezades que en bicicleta hai futuro no planeta.