miércoles, 27 de junio de 2012 Tags: , , , , 0 comentarios

Aniversario da Masa Crítica Pontevedra.

Ola a tod@s, este Xoves a Masa Crítica de Pontevedra volta a tomar as calzadas da nosa cidade para celebrar unha vez máis que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".
Ademais nesta ocasión cumprimos un aniño, así que agardamos que asistades con ganas de troula e vos apuntedes a tomar unha tapiña na compaña dos ciclourbamitas pontevedreses.
Como sempre xuntarémonos ás 21:00 deste Xoves 28 na praza da peregrina, e daremos un paseo mentres conversamos e desfrutamos do placer de pedalear en grupo polas rúas de Pontevedra.
Sobre as 22:00 achegarémonos ó bar "A Lareira" na calle Princesa, para tomar unha tapiña e desfrutar dunha boa compañía.
Animádevos a participar e celebrar o aniversario da que xa é a vosa Masa Crítica.

miércoles, 30 de mayo de 2012 1 comentarios

XII MASA CRÍTICA PONTEVEDRA

Ola a tod@s, como xa ven sendo habitual, este Xoves 31 de Maio, @s ciclousuari@s da cidade do Lerez volvémonos xuntar para dar unha voltiña polas rúas de Pontevedra.
 Reunirémonos ás 21:00 na Praza da Peregrina, e pedalearemos tod@s xuntos mentres desfrutamos do placer de moverse sobre os nosos vehículos nun ambiente distendido e respetuoso coas outras usuarias da vía.
E para os que logo queiran seguir de palique, iremos tomar unha tapiña, que o tempo e a temperatura acompañan...
Animádevos a participar e descubriredes o ben que o pasamos no pelotón da Masa Crítica Pontevedra.

miércoles, 25 de abril de 2012 Tags: , , 0 comentarios

Como conseguiu Holanda ser o país máis seguro do mundo para circular en bicicleta



Na Postguerra europea, os Países Baixos experimentaron un enorme crecemento que encheu as súas cidades de automóbiles. Varios factores, como o elevado número de mortes na estrada e a crise do Canal de Suez, levaron a un cambio de enfoque.

As primeiras ciclovías eran escasas, inseguras e mal interconectadas. Mais fíxose un esforzo público por melloralas, e décadas despois presumen dunha infraestrutura perfecta. Os problemas que hoxe poderíamos identificar en centos de casos no noso país, aló souberon resolvelos hai moitos anos.

O máis significativo do vídeo é que mostra como a sociedade holandesa soubo mobilizarse para conseguir espazos seguros para a bicicleta. Os resultados saltan á vista: teñen unha excelente rede de ciclovías que se extende por todo o país e unha das máis importantes culturas da bicicleta.

Na nosa cidade

A Masa Crítica procura calmar o tráfico e ser parte do mesmo, por iso estamos a favor de medidas como o límite a 30 km/h, que aumenta a seguridade e nos anima a usar a calzada como un vehículo máis.

Isto non quere dicir que esteamos contra os carrís-bici, moi ao contrario. Así, no casco urbano, cun tráfico afeito ás bicicletas, moitos achamos que non son necesarios (tense estudado que o risco de montar en bicicleta polas aceras é ata cinco veces maior que circular pola calzada como os automóbiles), pero talvez nas avenidas con tráfico máis denso e en estradas fóra da cidade o carril-bici sexa imprescindible.

O tema, sen dúbida, dá para pensar...


viernes, 20 de abril de 2012 Tags: , 0 comentarios

Suspendida a "I Mostra da Bici Urbana" de Pontevedra.

Nunha reunión celebrada onte no concello (á que asistiron o concelleiro de Accesibilidade Luís Bará, o colectivo Masa Crítica e os responsables das tendas Farto e Moto-Bike), decidiuse pospoñer a "I Mostra da bici urbana" que se ia celebrar este fin de semán en Pontevedra.

Nesta reunión considerouse que as condicións climatolóxicas previstas para o Sábado 21 non eran as idóneas, polo que se acordou pospoñela á semana da mobilidade que terá lugar en Setembro. A idea sería que nesa semán tamén se celebrase na nosa cidade a VI Masa Crítica Galega así como outras actividades relacionadas co mundo da bicicleta, entre as que se englobaría a "I mostra da bici urbana".

Aclarar que o resto de actividades seguen adiante, aquí vos deixamos un pequeno calendario:
  -Domingo 22: Pedalada popular. Sairá ás 11:00 da Avenida de Montero Rios.
  -Martes 24:Conferencia de Alfonso Sanz, "Mobilidade sustentabel", ás 18:00 na Casa das Campás.
  -Xoves 26: Masa Crítica. Ás 21:00 sairemos da praza da Peregrina para dar un paseo polas calzadas da nosa cidade, e nun ambiente distendido reivindicar que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".
  -Domingo 29 de Abril e 6 e13 de Maio: "Natureza sobre rodas". Roteiros en bicicleta polos entornos rurais e naturais do concello de Pontevedra: Ruta fluvial polo río Lérez, Ruta litoral pola Xunqueira de Alba, Ruta agroforestal por Salcedo. Pto. encontro: Pr. España (Lérez e Alba) e Xunta Campolongo (Salcedo). Inscricións Tlf. 986 100 185 Ext. 7584

Un saúdo a tod@s, e ve´monos o Xoves 26 ás 21:00 na Masa Crítica.